Sunday 19 de May de 2024

A concellería de Cultura de Fene abre o prazo de inscrición para un obradoiro infantil de Cociña Entroideira


As instalacións do CCRD de Perlío acollerán o vindeiro luns, 8 de febreiro, a partir das 18:00 h, un obradoiro de “Cociña Entroideira” impartido por 2 monitores/as. A actividade está dirixida a nenos e nenas escolarizados en educación primaria e terá unha duración de dúas horas.
O número de prazas é limitado (máximo de 30), cubríndose por rigorosa orde de inscrición. As matrículas, gratuítas, poderán formalizarse presencialmente nas dependencias da área de Cultura e Ensino (Avenida de Naturais, 44, entresollado), de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:00 h.
Os nenos e as nenas participantes neste Obradoiro traballarán aspectos coeducativos e aprenderán a facer 3 receitas de “Cociña Entroideira” cos materiais que lles proporcionarán os/as monitores/as.